Condicións xerais
A adquisición das entradas e reservas para o festival FISTERRA BLUES EXPERIENCE supón a aceptación das seguintes Condicións Xerais de Uso:
1. Queda prohibido introducir alcol, substancias ilegais, armas ou obxectos perigosos ao evento.
2. Reservado o dereito de admisión en virtude ao disposto na Lei de Espectáculos Públicos vixente.
3. As entradas serán nominais, polo que é importante para tódolos asistentes portar o seu DNI ou outra documentación identificativa válida.
4. O concerto se celebrara segundo as condicións que estableza a Xunta de Galicia ao respecto das medidas sanitarias en relación á COVID19 nas datas do Festival.
5. Queda limitada a entrada e/ou permanencia no evento a toda persoa que:
- Se atope en estado de embriaguez, porte ou consuma calquer tipo de estupefaciente ou calquer tipo de substancia ilegal.
- Porte armas ou obxectos contundentes, cortantes ou potencialmente perigosos, susceptible de causar dano a persoas e/ou obxectos.
- Provoque ou incite calquer desorde dentro do evento ou teña causado alborotos comprobados.
6. É recomendable asistir ao recinto polo menos 30 minutos antes do inicio da actividade.
7. Calquera entrada rota ou con indicios de falsificación autorizará ao organizador a privar ao seu portador do acceso ao evento.
8. A organización do evento non se fai responsable das entradas roubadas.
9. A programación e os aforos poden verse modificados polas medidas anti COVID-19 decretadas polas autoridades sanitarias competentes.
10. A organización poderá impedir a entrada ou permanencia no recinto a toda persoa contaxiada ou con síntomas compatibles coa COVID-19. Estará obligada a activar os protocolos que correspondan para alertar ás autoridades sanitarias e que estas determinen as accións que se deban acometer. En todo momento se garantizará a súa privacidade. Neste caso, a persoa asistente que estea nesas circunstancias deberá someterse ás instruccións da organización ata que a autoridade pública competente adopte as decisións que correspondan. O cumplimento destas normas é aplicable dende que a persoa accede aos puntos de control de acceso ata que abandona o recinto. O incumplimiento grave das normas pode conlevar a expulsión do recinto da persoa infractora, coa perda de dereito á devolución do prezo pagado, podendo ser notificado o seu comportamento ás autoridades públicas competentes por se é constitutivo de infracción administrativa ou delito.
11. Está terminantemente prohibido gravar, retransmitir e/ou filmar o evento con equipo profesional sen permiso previo da organización.
12. Os asistentes poderán aparecer de xeito incidental* en imaxes tomadas por diferentes medios de comunicación, a organización ou calquera artista para a súa posterior difusión, consentindo expresamente un uso promocional e/ou comercial das imaxes captadas. A asistencia ao evento supón a aceptación de que se faga uso, de forma gratuita e sen contraprestación algunha, da súa voz e imaxe en retransmisións televisivas, radiofónicas ou redes sociais, en directo ou en diferido, en vídeo, en fotografías ou en calquera outro medio ou soporte.
13. De conformidade co disposto na Ley Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal, os datos facilitados na plataforma de compra de entradas serán gardados por Nordesía Produccións S.L. para a xestión do evento e durante un máximo de tres meses, para garantir a trazabilidade sanitaria.
14. As entradas só poderán ser adquiridas a través das canles de venta autorizadas pola organización, non facéndose esta responsable das entradas que non se adquiriran por ditos canles de venta.
15. En caso de aprazamento por causa de forza maior, debido ao COVID-19, será devolto o importe do prezo da entrada.
16. En caso de suspensión por causa de forza maior, debido ao COVID-19, será devolto o importe do prezo da entrada.
17. En cumplimento do disposto no Real Decreto 2816/1982, e da Lei do Parlamento de Galicia 11/2010, a organización do festival establece as seguintes normas de acceso para menores de idade:
17.1. Os menores de 4 a 12 anos (incluidos) teñen acceso gratuíto ás actividades do festival, agás as que impliquen ter unha localidade asignada (Blues a Bordo).
17.2. Todo menor de 16 anos de idade que acceda ao recinto debe ir acompañado dun proxenitor ou titor/a.
17.3. Os/as menores de entre 16 e 17 anos poden acceder ao recinto sen a compañía dun adulto mais deben presentar igualmente, antes de acceder ao recinto, unha fotocopia do seu DNI e outra do DNI do seu proxenitor ou titor e unha autorización firmada por este último, facilitada no momento da compra. Na autorización o proxenitor ou titor autoriza a entrada ao recinto.
17.4. Todo menor que non se atope ao cargo de/autorizado por un maior de idade, será expulsado do recinto, previa posta en coñecemento das autoridades competentes.