Política de privacidade
Entidade organizadora e responsable do ficheiro:
- Nordesía Produccións S.L.
- NIF: B15547235.
- Hórreo 32; 1ºA. 15702 Santiago de Compostela.
- Email: comunicacion@nordesia.com
Para que queremos os seus datos?
Nordesía Produccións S.L. realiza o tratamento dos datos persoais identificativos e de contacto do interesado coa finalidade de facilitar a xestión do proceso de venda de entradas, pases, abonos e acreditacións e, en xeral, para prestar a información ou servizos que nos solicite, incluídos aqueles datos persoais financeiros ou bancarios que sexan necesarios a efectos de utilizar os medios de pago.
Finalidade e lexitimación do tratamento dos seus datos respectivamente
- Venda de entradas, abonos, bens e servizos. Execución de contrato ou contratos que subscribísemos con vostede (como a venda da entrada).
- Xestión de pases, permisos e autorizacións. Execución de contrato ou contratos que subscribísemos con vostede (como a venda de da entrada), obriga legal e interese lexítimo de Nordesía Produccións S.L.
- Comunicarnos con vostede para resolver problemas, enviarche avisos e facilitar uso dos nosos servizos.
- Realizar o proceso de contabilidade.
- Cumprir con obrigas fiscais.
- Para cumprir coa normativa sanitaria en vigor e facilitar trazabilidade e o rastrexo de contactos en caso de futuros ou posibles positivos.
Cesión de datos a terceiros
Nordesía Produccións S.L. infórmate de que, salvo obriga legal, non cederemos os seus datos a terceiros.
Cales son os seus dereitos cando nos facilita os seus datos?
Calquera persoa ten dereito a obter confirmación sobre se en Nordesía Produccións S.L. estamos a tratar datos persoais que lles concernan, ou non.
As persoas interesadas teñen dereito a acceder aos seus datos persoais, así como a solicitar a rectificación dos datos inexactos ou, no seu caso, solicitar a súa supresión cando, entre outros motivos, os datos xa non sexan necesarios para os fins que foron recollidos.
En determinadas circunstancias, os interesados poderán solicitar a limitación do tratamento dos seus datos, nese caso unicamente conservarémolos para o exercicio ou a defensa de reclamacións.
En determinadas circunstancias e por motivos relacionados coa súa situación particular, os interesados poderán oporse ao tratamento dos seus datos. Nordesía Produccións S.L. deixará de tratar os datos, salvo por motivos lexítimos imperiosos, ou o exercicio ou a defensa de posibles reclamacións.
Ten dereito a solicitar a portabilidade dos seus datos a outro ficheiro e o dereito ao olvido, polo que por ningún medio ou procedemento, Nordesía Produccións S.L. poderá recuperar os seus datos unha vez suprimidos, nin poderá almacenar nin conservar ningún dato seu unha vez finalizado o período do tratamento que se indica máis arriba.
Prazo de tratamento dos datos
O tratamento dos datos levarase a cabo durante toda a vixencia da relación contractual entre o interesado e Nordesía Produccións S.L., entendéndose que a relación contractual finaliza no momento en que, legalmente, xa non teñamos ningunha obriga con vostede nin vostede connosco. Tamén os conservaremos se iso resultase imprescindible para o cumprimento de obrigas legais. En ningún caso se levará a cabo tratamento algún por máis duración da estritamente necesaria en función da finalidade para a cal foron solicitados os datos. Sen prexuízo do anterior, o período de conservación poderá manterse en función do tratamento realizado ata que transcorra o período de prescrición das posibles infraccións ou sancións de conformidade coa lexislación sanitaria e tributaria vixente.
Modo de exercicio dos seus dereitos
Por medio de correo electrónico dirixido a comunicacion@nordesia.com